Noticias de Hoy
ocio xela
Fecha: 20/04/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Audiovisual Outras voces para as letras de Xela

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo difundirá a través da canle de Youtube e das redes sociais a serie Outras voces para as letras de Xela,  que divulgan o legado de Xela Arias para a cultura galega do noso tempo a través de lecturas e interpretacións da súa obra e de reflexións biografías de familiares, escritores e escritoras, artistas e persoas anónimas.

Escritoras e escritores lugueses coma Olga Novo, Marica Campo, Helena Villar, Raga Lobelle, Carmen Blanco, Xesús Rábade, Lois Pérez, Claudio Rodríguez Fer homenaxean a esta activista das letras, da lingua e da acción social e cultural, comprometida e multidisciplinar.  

A obra de Xela Arias tamén se revisa desde a danza e a expresión corporal a través de artistas como Carlota Pérez e desde a perspectiva que ofrecen persoas anónimas, nenas e e nenos e público adolescente dos centros educativos que len os primeiros escritos infantís en prosa da autora.

A serie audiovisual incorpora ademais as voces dalgúns dos seus familiares máis achegados coma o seu fillo Darío Gil ou o seu irmán Lois Arias.

Os vídeos, con realización e fotografía de Lorena Gallardo e Humberto Novoa, difundiranse a través das canles dixitais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo desde a vindeira semana, coa estrea dunha entrega os martes e xoves ás 20.30 horas.