Noticias de Hoy
187544923_155598736576003_4757500231524973171_n
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 24/05/2021 a 29/05/2021
Horario: 01:00 a 01:00

18 edición da Semana Internacional da Maxia de Lugo-Lugomáxico

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presentou, xunto co Mago Rafa e o Mago Teto a 18 edición da Semana Internacional da Maxia de Lugo Lugomáxico, que este ano terá lugar entre o 24 e o 29 de maio.

Catro espazos da cidade acollerán un total de 36 actuacións para público familiar, das cales 34 serán de balde e só 2 de pago. As actividades terán lugar no Auditorio Municipal, no Museo Mihl, O Vello Cárcere e na Canella do Hospital.

Maite Ferreiro destacou que "este Lugomáxico terá presenza nos espazos culturais máis coñecidos como o MIHL, o Vello Cárcere ou o auditorio municipal, ademais contamos este ano como novidade coa Canella do Hospital, un espazo moi útil para as actividades culturais".

PROGRAMA

O LugoMáxico 2021 comezará coa Gala Máxica Galega, unha gala con catro magos galegos de catro estilos diferentes fusionados nun só espectáculo para toda a familia. A Gala Máxica Galega será o vindeiro luns, 24 de maio ás 18 horas, no auditorio Gustavo Freire.

Entre o martes 25 e o venres 28, cada unha das ubicacións contará con tres pases (17:00, 18:30 e 20:00) do espectáculo de cada un dos magos convidados.

Martes 25

Vello Cárcere - Xulio Merino
MIHL – Alejandro Revuelta- Ilusionista, escritor
Canella do Hospital – Mago Paco

Mércores 26

Vello Cárcere – Javi Rufo - Mago, showman, actor
MIHL – Dania Díaz
Canella do Hospital – Iván Santacruz

Xoves 27

Vello Cárcere – Pedro Aragonés
MIHL – Greca
Canella do Hospital – Oliver & Liuba

Venres 28

Vello Cárcere - Martilda
MIHL – Oscar Escalante
Canella do Hospital – Nando Caneca

A gala final do LugoMáxico 2021 terá lugar o sábado 29, ás 20 horas no Gustavo Freire, co espectáculo 100% Daortiz, de Dani DaOrtiz un espectáculo que mestura unha técnica exquisita cun sentido do humor tolo. Daortiz é considerado na actualidade un dos mellores cartomagos do mundo. Aos 12 anos visitou o círculo máxico de Sevilla e descubriu a maxia da man de Mario o Mago, despois comezou a aprender doutros grandes artistas como Juan Escolano, Lennart Green ou Juan Tamariz, que influíron na súa forma de presentar e concebir a súa maxia.

Todas as actividades do Vello Cárcere, do MIHL e da Canella do Hospital serán de entrada gratuíta ata completar a cabida do recinto. As dúas galas terán un prezo de entrada de 5€.