Noticias de Hoy
Lugo maxico
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 02/11/2020 a 07/11/2020

17ª edición da Semana Internacional de Maxia de Lugo

Será polas rúas de Lugo e no auditorio.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a 17ª edición da Semana Internacional de Maxia de Lugo, que este ano, debido á situación sanitaria, trasladouse do mes de maio á semana do 2 ao 7 de novembro. “Este ano a semana da maxia tivo que aprazarse e adaptarse á nova situación sanitaria e aos novos protocolos para garantir a seguridade nas actividades culturais, mais seguirá a ser un evento de primeiro nivel no calendario cultural de Lugo”.

Catro espazos da cidade acollerán un total de 31 actuacións para público familiar, das cales 27 serán de balde e só 4 de pago. As actividades terán lugar no Auditorio Municipal, no MIHL, no Vello Cárcere e no soto da Praza de Abastos. Maite Ferreiro destacou que “este Lugomáxico terá presenza nos espazos culturais máis coñecidos como o MIHL, o Vello Cárcere ou o auditorio municipal, ademais contamos este ano como novidade coa praza de Abastos, un lugar emblemático do centro da cidade que tamén pode ser un gran altavoz para a cultura”.

Os eventos de pago terán lugar no Auditorio Gustavo Freire. O 2 e 4 de novembro, a partir das 18:00, terá lugar a Gala Máxica Galega, que contará con 4 magos galegos e catro estilos diferentes nun só espectáculo, mentres que o 7 de novembro terá  lugar unha dobre función, ás 18:00 e ás 21:00 de Unha Noite con Mag Lari, o espectáculo do mago que conta con máis de 25 anos de experiencia.

Maxia diaria

Mércores 4 de novembro

Maxia no Vello Cárcere con Dani Polo - (Pases ás 17:00, 18:30 e 20:00)
Maxia no Mihl con Fran Rei - (Pases ás 17:00, 18:30 e 20:00)
Maxia na Praza de Abastos con O Mago Paco - (Pases ás 17:00, 18:30 e 20:00)

Xoves 5 de novembro

Maxia no Vello Cárcere con Christian Miró - (Pases ás 17:00, 18:30 e 20:00)
Maxia no Mihl con Carlos Adriano - (Pases ás 17:00, 18:30 e 20:00)
Maxia na Praza de Abastos con Arturo El Grande - (Pases ás 17:00, 18:30 e 20:00)

Venres 6 de novembro

Maxia no Vello Cárcere con Dani García - (Pases ás 17:00, 18:30 e 20:00)
Maxia no Mihl con Nacho Samena - (Pases ás 17:00, 18:30 e 20:00)
Maxia na Praza de Abastos con Román García - (Pases ás 17:00, 18:30 e 20:00)

2 e 3 de novembro: Gala máxica

Esta Gala de Maxia ten un carácter predominantemente galego. O Mago Rafa dende Lugo, Dani Polo dende A Coruña, O Mago Paco dende Pontevedra e Mago Teto dende Ourense, serán os encargados de construir momentos inesquecibles cheos de maxia, emoción e humor.

O luns 2 e martes 3 de novembro ás 18 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

7 de novembro: Una noche con Mag Lari

Con mais de 25 anos sobre o escenario e toda unha vida adicada a sorprender, Mag Lari lévanos por unha noche chea de ilusións, xogos, luces, fume e moito humor. Porque non é só un mago que saca cartas da manga, tamén fascinaranos con misterios e ilusións que hannos deixar coa boca aberta. Abóndalle unha hora e vinte minutos para facer desaparecer, rir e bailar. Preparados para formar parte do espectáculo?.

O sábado 7 de novembro ás 18 e ás 21 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.