FIV 2022

Fecha 22-04-2022 a 24-04-2022
Lugar
0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

A organización do FIV anunciou onte a nova data para o festival deste ano, que recupera a súa data para celebrarse dos días 22 e 24 de abril.

PRIMEIRAS CONFIRMACIÓNS

Os primeiros nomes que conforman o avance do cartel musical do FIV de Vilalba non son casualidade, son bandas e artistas que chegan ao festival con novas cancións, novo disco ou mesmo estreando material a piques de saír.

Un dos pratos fortes desta edición é sen dúbida Sen Senra. Poucos se podían imaxinar que aquel rapaz de Presqueiras que debutou fai cinco anos co  efervescente pop sesenteiro de ‘Permanent Vacation’ ía estar colaborando en 2021 con C. Tangana ou o reguetonero colombiano Feid. Poida que nin el mesmo o anticipase. As súas melodías xa estaban alí, e foi o seuinconformismo constante o que foi desposuíndo as súas instrumentacións de capas e subindo o ton da súa voz ata conseguir un son irreplicable.

Adrenalina, paixón e rock & roll é a mellor definición de Viva Suecia, ao que lle hai que sumar un potente directo acompañado de imaxe e actitude na súa máxima expresión. Presentarán no FIV de Vilalba algunhas das novas cancións que forman parte desa ilusionante nova etapa que estrearon coa publicacion de ‘La Voz del Presidente’ e que anticipa por onde irá o novo dunha banda en absoluto estado de graza.

Natalia Lacunza é cantante, compositora, e interprete, pero nada é comparable co máis importante que ten, o seu futuro: Natalia conseguiu romper o estigma do éxito e o concepto que supón brillar nun programa como Operación Triunfo, para converter a súa música, as súas influencias e a súa forma de entender as cancións, na súa única carta de presentación.

Unha das grandes promesas do noso país xunto con La La Love You. A súa música a medio camiño entre o punk e o pop, é directa, sinxela e cargada de bo roloCantos non tivemos na nosa cabeza o seu tema ‘El fin del mundo’? Sen dúbida, un dos grandes fenómenos musicais de 2020.

Rufus  T.  Firefly, a banda liderada por Víctor  Cabezuelo e Julia Martín-Mestre é xa considerada de culto dentro do panorama independente do noso país. A súa enerxía e son profundamente sofisticado foxe do evidente e constrúe en cada produción e directo un ambiente de maxia e rock con descoidos cara a unha  psicodelia  pulcra e altamente  adictiva.

Como a música de Cupido. A banda formada polo barcelonés  Pimp Fraco e os canarios  Luichi  Boy, Toni D, Ao e Dannel, volve ao rodo tras unha longa tempada de descanso. Un tempo que lles serviu para coller forzas e reformular a súa carreira a partir da mesma obsesión coa que irromperon na escena do pop independente hai un par de anos: construír a canción pop perfecta.

O FIV, xunto ao Concello de Vilalba, volve conxugar a esencia do propio festival marcada polos mellores artistas do panorama indie nacional dando continuidade á programación paralela do festival, aproveitando distintos espazos da localidade dinamizando e ampliando a actividade na vila. Actividades alternativas, aderezadas coa mellor música en directo, e coa posibilidade de combinalo todo coa oferta gastronómica local. Unha nova edición do FIV que volve destacar nesta 15ª edición a importancia e o protagonismo de Vilalba.

Desde hoxe ás 12.00 horas xa están dispoñibles os abonos a través da páxina web do festival https://fivdevilalba.com

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×