Feria Franca 2017 de Pontevedra

Fecha 1-09-2017 a 2-09-2017
Lugar
0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Feira-Fran-Pontevedra

Feria Franca 2017 de Pontevedra. Días 1 y 2 de septiembre de 2017.

Non hai nada máis máxico que a música, nada máis íntimo, a creación mesma. Ha de vir Feira Franca, chea de festa e de músicas, así o decidiu o Consello; honrar a maxia mesma, a aqueles que traen ledicia, que provocan bailes, sentimentos, bágoas, que mesturan sorrisos con lamentos, que xeran estoupidos íntimos de amor.

Músicos de aquí e de alá, que enchen as rúas de festa, que convidan a bailes eternos, que permanecen nas pedras, músicos que han de vir e han traer consigo xantares, convivencias de familias e amigos prestos para o baile e o namoro, camiñantes de lonxe, máis alá do Seixo e do mar de Marín, han de vir camiñantes doutros anos que ficaron enfeitizados polo poder da festa, pola ledicia que transcende e que fica ata máis alá do Nadal. Vinde vós tamén señores, donas, vasalos, xente do común, os de Xeve, cabaleiros e donas de Campañó, Alba, Ponte Sampaio, da Canicouva, de terras de preto e lonxe.

Hai Feira Franca o 1 e 2 de setembro, para curar os males, para traer a ledicia, para fiar músicas e bailes, para crer no porvir.

Haberá asados, delicias de ultramar, xoias, enfeites, mesturas de todo tipo, sal de cores, varas de San Antón, cura pezoñas, mexo de cabra, colares de ósos de balea, pergamiños de poemas de amigo… vinde… non deixedes pasar anacos de pasado, oportunidades de felicidade, anaquiños de amor. Vinde, hai Feira Franca na ilustre vila de Pontevedra e hónrase a músicos e trobadores, gaiteiros, tocadores de zanfona, arpa, salterios, ilustres pandeireteiras… vinde.

Hai Feira Franca na ilustre vila de Pontevedra, chea de festa, música, alboradas, chea de harmonía, vida, hai Feira Franca e ha facerte feliz.

PROGRAMA DA FEIRA FRANCA 2017
Venres 1 de setembro de 2017. Xornada inaugural
19.00 h. Pregoeiros a cabalo anuncian o comezo da XVIII edición da Feira Franca. Centro histórico.
22.30 h. Espectáculo Cando chega a noite a cargo das compañías Kull d’Sak e Troula na Ferraría.

Sábado 2 de setembro de 2017. Día da Feira Franca
11.30 h. Apertura do mercado medieval (avda. de Santa María) e da mostra de oficios (praza da Ferraría e do Peirao).
11.30 h. Cantigas de Afonso X e música medieval, Asociación Cultural Pola Vila. Centro histórico.
12.00 h. Recreación do transporte do viño pola asoc. Recriativa de Xeve, Art Monium, animación, música, representacións… Percorrido: rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría e remate na praza da Peregrina.
12.30 h. Demostración e obradoiros de esgrima, Escola Hungaresa, na Gran Vía de Montero Ríos.
12.30 h. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, Mercenarios do Norte, na Verdura.
13.00 h. Tiro con arco. Boa Vila, Montero Ríos.
13.30 h. Cetraría. Falcóns Galicia, Montero Ríos.
17.00 h. Demostración e obradoiros de esgrima, Escola Hungaresa, en Montero Ríos.
17.30 h. Gran torneo medieval do grupo de especialistas Hípica Celta na praza de touros. Entrada de balde ata completar capacidade; polas portas 2, 3 e 6.
17.30 h. Exhibición de danza, Club Treboada, en Montero Ríos.
17.30 h. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, Mercenarios do Norte, na Ferraría.
17.30 h. Animación medieval polo centro histórico a cargo de Olodum do Coio.
18.00 h. Cantigas de Afonso X e música medieval, Asociación Cultural Pola Vila. Centro histórico.
18.30 h. Música e bailes medievais a cargo da Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes, na Peregrina.
18.30 h. Competición-exhibición de tiro con arco, Club Boa Vila, en Montero Ríos.
19.00 h. Pasarrúas de bufóns e trobadores polas rúas do centro histórico.
19.00 h. Cetraría. Falcóns Galicia, Montero Ríos.
19.30 h. Exhibición de danza a cargo do Club Treboada, en Montero Ríos.
19.30 h. Pasarrúas. Art Monium. Centro histórico.
20.00 h. Gran torneo medieval do grupo de especialistas Hípica Celta na praza de touros. Entrada de balde ata completar capacidade; polas portas 2, 3 e 6.
21.00 h. Pasarrúas. Art Monium. Centro histórico.
21.00 h. Cantar de cego e música medieval a cargo de Foula polas rúas do centro histórico.
21.45 h. Pasarrúas dos Errantes. Centro histórico.
23.00 h. Pasarrúas e fin de festa a cargo de Art Monium polas rúas do centro histórico.

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×