Noticias de Hoy
P_Suceso_1442869255964_860_1000_U_d791a518e990d43b47f5d6fb21f7e064
Fecha: 13/11/2020
Horario: 20:30 a 20:30

Trc danza: Beyond & Bending the Walls

Teatro Rosalía Castro.

O venres 13 de novembro ás 20.30 horas o Teatro Rosalía Castro acolle dúas das últimas creacións levadas a cabo coa dirección de Fernando Hernando Magadán -director artístico de NDT2- e de La Intrusa -a compañía dirixida por Virginia García e Damián Muñoz, Premio Nacional de Danza 2015.

"Bending the Walls" de Fernando Hernando Magadán, é unha exploración sobre o mundo das restricións e limitacións na nosa procura da felicidade, a liberdade e a comprensión: os límites físicos e psicolóxicos dentro de nós mesmos e o mundo que nos rodea. É unha metáfora sobre as forzas psicolóxicas, físicas e emocionais que os humanos poden abordar para transcender a realidade palpable, superar a aflición e escapar a un mundo de imaxinación.

"Beyond" de La Intrusa, recolle as palabras da escritora canadiense Anne Michaels para preguntar "Que é un home sen paisaxe? Unha experiencia de procura a través de paisaxes emocionais da memoria. Un escenario de incerteza que nos obriga constantemente a crear ou reflexionar sobre o noso propio itinerario vital, sobre a paisaxe que dunha maneira consciente ou fortuíta imos construíndo".