Noticias de Hoy
Sons de Bocanoite as pontes
Fecha: 05/06/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Sons da bocanoite

A axenda cultural do Concello das Pontes celebrará para o 5 de xuño a segunda edición do Sons da Bocanoite, un festival que naceu o ano pasado co obxectivo de manter a programación cultural e dinamizar o sector hostaleiro da vila pontesa, nun momento marcado polas restricións sanitarias derivadas da covid19.

Trátase dunha iniciativa coa que o Concello das Pontes amosa o seu apoio ao sector así como aos grupos do pobo que comezan a súa carreira musical ao mesmo tempo que demostra que a cultura é segura.  

Nese sentido, Vicente Roca, concelleiro de cultura resalta que  “a primeira iniciativa tivo moi boa acollida por parte da xente da vila, foron moitos os veciños e veciñas que se achegaron a gozar da primeira edición e ante a boa resposta e sendo conscientes de que a situación sanitaria obriga a seguir sendo prudentes, este ano decidimos poñer en marcha unha segunda edición na que os artistas locais conviven con outros de moita sona que fan que o cartaz deste ano sexa moi interesante”.

Así,  segunda edición de Sons da Bocanoite contará coa participación de artistas relevantes do actual panorama musical como Pedro Pastor y los Locos Descalzos, Carmen Boza e Mr. Kilombo, pero tamén por bandas locais como Astra.

Este ano o festival, que toma o seu nome do momento do día no que cae a noite, celebrarase a partir das 18.30 horas no patio do colexio Santa María, o acceso libre será ata completar aforo e cumprindo con toda a normativa de seguridade vixente con respecto á Covid-19.

PEDRO PASTOR. A Pedro Pastor a canción de autor vénlle de caste, pois é fillo de Luís Pastor e Lourdes Guerra e sobriño de Pedro Guerra, polo que debeu aprender o oficio desde cativo.

Como corresponde aos tempos que lle tocou vivir, a Pedro vaille a mestura de estilos, o pop, o rap, e ata as baladas coa canción de autor, para transmitir as súas mensaxes de crítica social e política que non lle impiden dedicar letras tamén ao amor, ás relacións persoais vistas desde o prisma dun mozo do S. XXI. Asegura que descubrir a Quique González foi unha revelación, como despois L cabra Mecánica, Bebe,  Chaouen ou Paco Cifuentes… Varios tipos moi distintos do imaxinario estándar do cantautor. Editou cinco álbums, o último deles é ‘Vulnerables’, producido polo  multi-instrumentista Diego Galaz (dos  inclasificables e desexados  Fetén  Fetén), no que aparecen a cumbia, o  funk, o rap, a champeta, a música africana… sen perder a esencia do propio autor. E xa ten listo un novo LP que lanzará proximamente.

CARMEN BOZA. Se algo destaca en Carmen Boza é a súa capacidade de sorprender e de emocionar. Xunto a outras grandes figuras do noso panorama musical, converteuse co paso do tempo nunha das nosas maiores referentes femininas dentro da escena musical. Con todo, o seu potencial, a súa enerxía e a súa inspiración non pararon aí. E é que precisamente agora, acaba de regalarnos a súa última pequena gran xoia, chamada “Suave”. Unha canción en grao sumo especial, na que a artista reflexiona sobre a fugacidade e a relatividade do tempo, o ser e a soidade.

MR KILOMBO. Mr. Kilombo é o proxecto persoal de Miki Ramírez. Con 5 traballos ás súas costas, este artista consolidouse como unha das grandes apostas do panorama nacional. Temas con letras coidadas con mimo e sutileza, convertidas en melodías pegadizas, con retrousos contundentes e unha posta en escena enérxica e interactiva convértenlle nunha metralladora de disparar  hits. É luz, é enerxía e é vitalismo.

Actualmente atópase virando co seu novo álbum “Curtocircuítos”, que viu a luz en xaneiro de 2020 e foi gravado integramente en Madrid e producido por Paco Salazar. Colaborou con artistas como Rozalén, El Canijo de Jerez,  Jenny & The Mexicats, El Kanka, Mordo, Pedro Pastor, Macaco ou El Niño de la Hipoteca. As visitas da súa canle de youtube cóntanse por millóns, tanto en España como en Latinoamérica.

ASTRA. Astra é grupo grupo musical pontés formado por Carla Alvariño e Víctor Leal, creado co obxectivo de facer música propia e buscar un estilo que represente o seu proxecto. 

A finais do ano pasado lanzaron o seu primeiro traballo, “Andrómeda”, dez cancións nas que reflicten as súas influencias: Linkin Park e Twenty One Pilots, por parte del, e Sés e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, por parte dela.