Noticias de Hoy
cartel_esa19 e1551824317643
Fecha: por determinar
Horario: por determinar

IV edición de Elas Son Artistas

Chega a cuarta edición de Elas Son Artistas, o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, que este ano regresa como ciclo de eventos de diversas disciplinas artísticas repartidos polos oito concellos da área metropolitana da Coruña.

Nesta edición destaca a presenza de Martirio e Chano Domínguez, ambos artistas con múltiples premios ao logo da súa traxectoria, a compositora Carmen Boza, a pianista Aida Saco, a artista urbana e residente en Nova Iork, Vanesa Álvarez, a actriz Iria Pinheiro coa sua obra “Anatomía dunha serea”... Esta combinación de diversas artes (música, teatro, arte visual…) así como artistas galegas, do resto de España e unha banda europea, son as características desta proposta cultural pola igualdade que chega xa a súa cuarta edición.

Propostas musicais repartidas en oito Concellos da área metropolitana

Serán eventos repartidas durante os nove meses que restan de ano desde abril a decembro, nos que as diferentes artistas actuarán nos oito concellos da área metropolitana: Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Oleiros e Sada. En total tocarán X artistas, completando o cartel… 

O listado de artistas confirmadas ata o momento está formado por:

  • Agoraphobia
  • Aida Saco Beiroa
  • Astrogirl
  • Black co seu espectáculo “Voces de muller”
  • Carmen Boza
  • Elas tamén pintan (Coop 7H)
  • Eme Dj
  • Iria Pinheiro con “Anatomía dunha serea”
  • Mabel Flores
  • Mäbu
  • Martirio e Chano Domínguez
  • The Dirty Denims (Suíza)
  • Vanesa Álvarez
Próximamente se anunciará o resto da programación, así como as datas e o lugar de celebración de cada evento. A súa celebración dependerá das restriccións e medidas de seguridade sanitarias vixentes por entón.