Noticias de Hoy
Hackathino de Datos Abertos en A Coruna
Localidad: A Coruña
Fecha: 22/10/2016 a 23/10/2016
Horario: 01:00 a 01:00

Hackathiño de Datos Abertos en A Coruña

Hackathiño de Datos Abertos en A Coruña.

O hackatiño é un hackathon pero máis noso ;)

Organizado da man dos colectivos de programadores GPUL, Árticos e o GDG Coruña, buscamos abrir os datos das comunidades locais, asociacións, colectivos, pemes, etc. para mostrar as aplicacións de interese social que se poden desenvolver a partir da información aberta.

Un hackathon ou hackatón, é un termo usado para referirse a un encontro de programadores cuxo obxectivo é o desenvolvemento colaborativo de software, aínda que en ocasións pode haber tamén un compoñente de hardware. O termo integra os conceptos de maratón e hacker, aludindo a unha experiencia colectiva que persegue a meta común de desenvolver aplicacións de forma colaborativa nun lapso curto.

Programa e inscrición

Básicamente así imos pasar a fin de semana do 22 e 23 de outubro, aprendendo entre amigos. Non te apuntas?

Sábado 22 de outubro de 2016
10:00 - 10:45 Benvida e presentación
10:45 - 11:30 Almorzo e creación de equipos
11:30 - 14:00 Hacking time
14:00 - 15:00 Descansiño para comer
15:00 - 21:00 Hacking time

Domingo 23 de outubro de 2016
10:00 Apertura de portas
10:30 - 11:15 Almorzo para empezar forte
11:15 - 14:00 Hacking time
14:00 - 15:00 Comida rápida e a rematar!
15:00 - 17:00 Hacking time
17:00 - 19:00 Exposición de proxectos