Noticias de Hoy
fuel fandango as pontes 1092x1536
Fecha: 29/05/2021
Horario: 21:00 a 21:00

Fuel Fandango en As Pontes

Fuel Fandango presentará nas Pontes o seu último disco, Origen, o seu traballo máis ambicioso ata a data, nun formato reducido, máis íntimo e persoal, adaptado á nova normalidade.

Origen é unha invitación a volver á natureza, ao amor, como salvavidas de todo. Unha viaxe emocional onde os sons urbanos, flamencos, africanos e de raíz, invitan a ser libres.

Con este novo álbum, Nita Manjón e Ale Acosta volveron ao número 1 de vendas en España.

A actuación terá lugar o sábado, 29 de maio, ás 20.00 horas no auditorio municipal Cine Alovi e a venda de entradas realízase a través de ticketea. Teñen un custe de 10 euros.

Os organizadores advirten que poderá requerirse á entrada do recinto a identificación da persoa compradora das entradas.