Noticias de Hoy
 ilusiooohn outono 2015 desperta pistacatro
Fecha: 19/09/2015
Horario: 22:00

Desperta - Novo circo con Pistacatro

Desperta! é un espectáculo de novo circo que afonda na identidade individual, no que nos iguala e no que nos diferencia, no que transcorre na intimidade dun baño cando ninguén mira. Unha historia cotiá do universo fantástico de persoas que poderiamos ser calquera de nós. Onde somos máis idénticos, e cando máis distintos? Realmente espertamos, ou somos a continuación dos nosos soños?
As habilidades circenses, a música en directo e a comicidade van da man en Desperta!, onde a técnica se pon ó servizo das emocións, onde a poética das imaxes nos fará viaxar por un mundo imaxinario moi real.

Intérpretes: Manuel Lago,, Aitor Garuz, Ariñe Azkue, Óscar Páez
Dirección: Natalia Outeiro
Axudante direción: Antón Coucheiro
Produción: José Expósito
Axdte. produción: Rober Carreira
Escenografía: Fino
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Fran Pérez NARF
Luces: Fidel Vázquez

⚙ Configurar cookies