Noticias de Hoy
albert pla miedo
Localidad: Ferrol
Fecha: 28/01/2022

Espectáculo de Albert Pla en Ferrol

Ferrol estrea a presentación en Galicia de MIEDO 2.0, o novo espectáculo de Albert Pla. Música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas fusiónanse neste singular espectáculo de poética sorprendente.

Baixo a dirección teatral de Pepe Miravete, esta coprodución do Complejo Teatral de Bos Aires onde se estreou, chega agora a Galicia e a cidade de Ferrol será a primeira en acoller unha función. Albert Pla actuará no Teatro Jofre o próximo venres 28 de xaneiro, nunha actuación a non perder, considerada pola crítica unha das mellores obras do polifacético artista catalán. Vestido coa xa clásica túnica e botas de auga, desta vez o intérprete acompáñase dunha impactante posta en escena, baseada en tecnoloxías visuais de vangarda.

Tan inclasificable coma o propio Pla, MIEDO 2.0 fusiona música composta xunto con Raül Refree, con performance, pezas teatrais e un impresionante video mapping do estudio nueveojos con deseño de arte do colectivo arxentino Mondongo –integrado por Juliana Laffitte e Manuel Mendanha–, que conseguirá meter o público en escena nunha experiencia poética sorprendente e liberadora.

albert pla miedo 1