Noticias de Hoy
encontro humorismo coruna
Fecha: 28/04/2023 a 07/05/2023
Horario: 01:00 a 01:00

Encontro Mundial de Humorismo

O humor, en maiúsculas, regresa á cidade da Coruña. O EMHU, o  Encontro Mundial de Humorismo, celebrará a súa terceira edición do 28 de abril ao 7 de  maio de 2023. A cidade herculina acollerá esta primavera, de novo, a gran cita coa comedia ao vivo,  que reúne nun único evento ás figuras e espectáculos de humor máis relevantes do momento en  España e que na súa última edición sumou máis de 19.000 asistentes.  

Impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e baixo a dirección artística de Luis  Piedrahita, EMHU regresará aos escenarios coruñeses durante dez días con espectáculos únicos, 

novos formatos que achegarán as propostas máis divertidas, estreas absolutas e, por suposto,  as funcións que máis público teñen no patio de butacas na actualidade. Entre as sesións  exclusivas que se poderán ver na Coruña, producidas polo propio festival, atópanse galas como  Fantastic Colofon ou Humoris Causa, citas nas que EMHU reúne sobre o mesmo escenario a  grandes figuras da comedia e para as que as e os asistentes esgotan, rapidamente, todas as  entradas dispoñibles.  

Con dúas edicións ás costas, EMHU consolídase como a cita coa comedia máis relevante e  multitudinaria de España, ao xuntar na súa pasada edición a máis de 19.000 espectadores que  asistiron a unha vintena de espectáculos. Figuras como Andreu Buenafuente, Sílvia Abril, David  Broncano, Héctor de Miguel, Ignatius Farray, Carolina Iglesias, Victoria Martín, Inés Hernand, Nerea  Pérez de las Heras, Eva Hache ou Javier del Pino, entre outras moitas, visitaron A Coruña no 2022  para participar no EMHU.  

O Encontro Mundial de Humorismo dará a coñecer, proximamente, os nomes que conformarán o  cartel da súa terceira edición, cuxa gráfica é obra de Riki Blanco e Rebeca Losada. A  programación de espectáculos do EMHU 2023 completarase, tal e como é habitual, con diferentes  actividades paralelas e de acceso libre, dirixidas a todos os públicos e que se desenvolverán en  distintos recintos culturais da Coruña.