Chega a Lugo Guerra de Identidade de DeuVe

Fecha 17-01-2021
Hora 18:30
Lugar
0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Domingo 17 de xaneiro de 2021, ás 18.30 horas no Auditorio municipal Gustavo Freire

O espectáculo de teatro Guerra de Identidade, da compañía DeuVe chega a Lugo. Deborah Vukusic protagonizará a escena o vindeiro domingo 17 ás 18.30 horas no Auditorio municipal Gustavo Freire.

Esta é a historia dunha filla e un pai. En todas as historias entre pais e fillas hai unha guerra (se non é sempre) máis ou menos metafórica. Neste caso esa guerra é real: a de Iugoslavia. Entre unha Galicia feliz e unha Croacia en guerra, unha filla busca o amor do seu pai, un xogador de balonmán que se fixo militar e… E non busca ese amor por nada, é que a nena quere que a queiran pero quere que a queiran como quere que a queiran. E sabe que atopar ese amor faría dela a persoa máis feliz do mundo. Nós fixemos esta peza coa intención de facer feliz ao público, esa xente cruel que goza coas desgrazas dos demais

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×