Cartografía en Movemento en Lugo

Fecha 23-10-2021 a 24-10-2021
0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a décima edición do ciclo de artes escénicas Cartografía en Movemento, que xuntará a diversos creadores e compañías vencelladas ás artes escénicas durante a fin de semana do 23 e 24 de outubro. “Trátase dunha festa das artes do movemento que achegará unha nova forma de ver os distintos recunchos da cidade”, explicou Maite Ferreiro.

A primeira xornada, sábado 23, recollerá, por unha banda, as propostas profesionais en espazos non convencionais e por outra banda, os obradoiros que impartirán os artistas para toda a veciñanza.

Os obradoiros terán unha duración de hora e media e están pensados para tódolos públicos, onde as compañías profesionais convidadas compartirán amablemente o seu xeito de entender o movemento.

A segunda xornada, domingo 24, estará reservada para as propostas amadoras, mañá e tarde, novamente en espazos non convencionais. Neste lado do festival Cartografía en Movemento, trátase de que todo poida acontecer liberando o imaxinario e facendo vibrar a cidade con propostas artísticas aflorando en múltiples espazos.

 

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

Sábado 23 de outubro:

Obradoiros no MIHL: 10h a 11:30h

  • Yoga con peluche. Ubicación: caixa negra do museo MIHL. Imparte: Elisa Medina. Duración: 1 hora e media: 11:45h a 13:15h
  • Lo que me deja el cuerpo. Ubicación: caixa negra do museo MIHL. Imparte: Nacho Cárcaba. Duración: 1 hora e media: 13:30h a 14:30h
  • Videoproxección: Ella Poema e encontro con Aida Colmenero. Ubicación: sala de grupos do museo MIHL (máximo de 68 persoas coas novas restriccións ao 90%)Duración: 1 hora no total (30 minutos de videoproxección e 30 minutos de encontro e coloquio Aida)

Outras actividades: 19h a 20h Praza Santa María (en caso de choiva, trasladarase ao MIHL)

  • Performances profesionais
  1. – Cia. Entremáns – Amparo
  2. – Cía. Elahood – Intempestiva
  3. – Nacho Cárcaba e Elisa Medina – Richard Charlie

 20:30h a 22h Praza Santa María (en caso de choiva, trasladarase ao MIHL)

  • Jam Festa SalvaXe. Dirixe: Cía. Elahood. Duración: 1 hora e media

Domingo 24 de outubro

Todo o día en diferentes localizacións da cidade.

  • A ALMA de Cartografía , Décimo aniversario;  . Propostas artísticas multidisciplinares baixo o lema O salvaxe volve ás rúas.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×