Atlántica 2020. Festival Internacional de Narración Oral

Fecha 10-03-2020 a 20-03-2020
Lugar
0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Atlántica 2020. Festival Internacional de Narración Oral.

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista. Trátase dun encontro artístico que xunta en Galicia a un amplo elenco de narradores e narradoras de diferentes países do mundo con ribeiras no Océano Atlántico, máis un convidado “doutro” mar. Nestes anos aos artistas do Atlántico, sumáronse contadores de Alemaña, Cuba, Colombia, Perú, Xapón…

 
Atlántica está organizado por un grupo de profesionais do espectáculo e da xestión cultural dirixidos pola actriz e narradora Soledad Felloza. É unha iniciativa con aportes de entidades públicas é privadas, que procura unha programación cultural integradora e de máxima calidade. Nesta oitava edición contamos cunha fermosa rosa dos ventos en conmemoración dos 500 anos da primeira volta ao mundo.
 
E, como cada ano, chamamos por ventos favorables para que, coa emoción dos descubridores, conquistemos corazóns a través das historias deste ano. Por sorte, contamos coa a pericia de contadores e contadoras de historias dunha beira e outra do Atlántico que van chegar aos nosos peiraos para encher de historias do 11 ao 20 de marzo todas as provincias galegas. Contadores e contadoras de historias de Portugal, Brasil, Colombia, Siria, Uruguai, Huesca, Salamanca, Zamora e Galicia…
 
Tamén contamos coa colaboración de entidades públicas e privadas que coas súas achegas fan posible que o Festival Atlántica sexa unha realidade Trátase da Deputación da Coruña, dos concellos de Ferrol, Santiago de Compostela, Lalín, Pazos de Borbén e Teo, da Xunta de Galicia, de Dinahosting, do Hotel la Salle, de Dos Pasos, de Galantiqua e da Librería Couceiro. A todos eles, grazas. E para rematar, temos a complicidade dun público fiel e sedento de historias. Como sempre, sodes todos benvidos.

Programa adultos

MARTES 10 DE MARZO DE 2020
 
Aline Cântia e Chicó do Céu (Brasil)
10.00 h | CEI Plurilingüe San Pelayo-Emma | Infantil
 
Noelia Carioca. (Salamanca)
10.00 h | CEIP Pedrouzos | Infantil
 
Fernando Saldaña (Salamanca)
10.30 h | CEIP Plurilingüe Os Tilos 3º e 4º EP
 
‘Contos de lá nos cantos de cá’ Aline Cântia e Chicó do Céu (Brasil)
17.30 h | Aula de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago
 
MÉRCORES 11 DE MARZO DE 2020
 
Sandra Araguas (Huesca)
10.00 h | CEI Plurilingüe San Pelayo-Emma | Primaria
 
Aline Cântia e Chicó do Céu (Brasil)
10.00 h | CEIP Pedrouzos | 1º e 2º
 
Noelia Carioca (Salamanca)
10.30 h | CEIP Plurilingüe Os Tilos | Infantil
 
Noelia Carioca (Salamanca)
11.00 h | EI Os Ánxeles | Infantil
 
‘Contos tradicionais dos Pirineos’. Sandra Araguas (Huesca)
13.00 h | Auditorio do Concello de Pazos de Borbén | En castelán
 
GALA INAUGURAL ‘Varios ventos’ -Sandra Araguas (Huesca), Aline Cântia e Chicó do Céu (Brasil), Fernando Saldaña (Salamanca) Marcelo Dobode, Cris de Caldas, Quico Cadaval, Sole Felloza, Celso Sanmartín, Charo Pita, Santi Prego, María da Pontragha (Galicia)
21.00 h | Teatro Principal | En galego, castelán
Entradas: Abanca (12 euros+gastos) e Taquilla Teatro Principal (12 euros)
 
XOVES 12 DE MARZO DE 2020
 
Fernando Saldaña (Salamanca)
10.00 | CEIP Pedrouzos | 5º e 6º
 
Sandra Araguas (Huesca)
10.30 | CEIP Plurilingüe Os Tilos | 5º e 6º
 
‘Notas breves dunha saudade’ Aline Cântia e Chicó do Céu (Brasil)
12.45 | Instituto Teo
 
‘Contos e papaventos’ Noelia Carioca (Salamanca)
18.00| Biblioteca Juan Compañel Vigo- Para bebes
 
‘O soño do rato’ Olga Abad (Galicia)
18.00 | Biblioteca Ourense- Para bebes
 
‘O peixe de ouro’ Fernando Saldaña (Salamanca)
18.30 | Centro Socio Cultural de Fontiñas-Público infantil e familiar
 
‘Pim, pam, pum!’ Rubén Martínez (Venezuela)
18.30 | Centro Socio Cultural de Vite. Público infantil e familiar
 
‘Regalo da memoria’ Ghaleb Jaber (Siria-Galicia) ‘O teatro máis pequeno do mundo’ Santi Prego (Galicia)
21.00 | Centro Xove da Almáciga. Adultos. Entrada libre ata completar aforo
 
‘Contos sorprendentes’ Sandra Araguas (Huesca)
18.00 | Biblioteca Municipal | Ferrol | Público infantil e familiar
 
‘Contos tradicionais dos Pirineos’ Sandra Araguas (Huesca)
20.30 | Centro Torrente Ballester | Ferrol |Adultos
 
VENRES 13 DE MARZO DE 2020
 
‘Unha aventura singular: O gato con botas’ Charo Pita e Banda Municipal de Santiago de SQC coa dirección de Casiano Mouriño
10.00 | Auditorio de Galicia
 
Concertos didácticos Sandra Araguas (Huesca)
10.00 | CEIP Pedrouzos – 4º e 5º
 
Aline Cântia e Chicó do Céu
10.30 h | CEIP Plurilingüe Os Tilos
 
Fernando Saldaña (Salamanca)
12.00 h | CEI Plurilingüe San Pelayo-Emma.
 
ESO ‘Unha aventura singular: O gato con botas’ Charo Pita e Banda Municipal de SQC coa dirección de Casiano Mouriño
12.00 h | Auditorio de Galicia | Concertos didácticos | Santiago de Compostela
 
‘Preparados, listos, xa!’ de Ramiro Neira (Galicia)
13.00 h | Auditorio do Concello de Pazos de Borbén | Gratuíto Público escolar e familiar | En galego
 
Pablo Díaz
16.00 | CEIP Inmaculada
 
‘Pim, pam, pum!’ Rubén Martínez (Venezuela)
19.15 | Centro Socio Cultural de Conxo | Santiago de Compostela | Gratuíto | Público infantil e familiar
 
‘Baixo a lúa as 20.30’ Charo Pita (Galicia)
‘Contos tradicionais dos Pirineos’ Sandra Araguas (Huesca)
20.30 | Igrexa da Universidade | Santiago de Compostela
 
‘Palabras na boca’ Raquel Queizás (Galicia)
20.30 | Dospasos | Rúa Pequeiras 6, local 10 | Bertamiráns | Entradas con pincho 7.50
 
‘O tren’ Fernando Saldaña (Salamanca)
18.00 | Biblioteca Municipal | Ferrol | Bebés
 
‘De onte a hoxe’ Fernando Saldaña
20.30 | Centro Torrente Ballester | Ferrol | Público adulto
 
SÁBADO 14 DE MARZO DE 2020
 
‘Robinsón e o seu loro‘ Fernando Saldaña (Salamanca)
12.00 | Biblioteca Nodais de Ourense | Público infantil e familiar
 
‘Contos sorprendentes’ Sandra Araguas (Huesca)
12.00 | Biblioteca Juan Garcés | A Coruña | Público infantil e familiar
 
‘Pim, pam, pum!’ Rubén Martínez (Venezuela)
12.00 | Biblioteca Juan Compañel | Vigo | Público infantil e familiar
 
‘Contos e papaventos’ Noelia Carioca (Salamanca)
12.00 | Biblioteca Anxel Casal | Santiago de Compostela | Publico infantil
 
Aline Cântia e Chicó do Céu (Brasil)
12.00 h | Centro Torrente Ballester | Ferrol | Público infantil de 3 a 8 anos
 
‘Gaita zumba’ con Luis Prego e Pablo Díaz
13.00 | Praza de Cervantes e rúas da contorna| Santiago de Compostela
 
‘Contando números, cantando cores’ Vermú de contos con Pablo Díaz
13.30 | Praza de Cervantes | Santiago de Compostela | Publico infantil e familiar
 
‘Unha aventura singular: O gato con botas’ Charo Pita e Banda Municipal de SQC coa dirección de Casiano Mouriño
18.30 | Teatro Principal | Santiago de Compostela Invitacións no Teatro Principal dende o día 10 de marzo
 
‘Contos sorprendentes’ Sandra Araguas (Huesca)
18.00 | Biblioteca Pública do Grilo | Teo
 
‘Historias de filandar’ José Luis Gutierrez ‘Guti’
21.00 | Centro Torrente Ballester | Ferrol | Público adulto
 
‘Tres ventos’ Fernando Saldaña (Salamanca), Rubén Martínez (Venezuela), Aline Cântia e Chico do Céu (Brasil)
21.00 h | Teatro Principal | Santiago de Compostela | En castelán e portugués Entradas: Abanca (10 euros+gastos) e Taquilla Teatro Principal (10 euros)
 
DOMINGO 15 DE MARZO DE 2020
 
Xantar
 
VENRES 20 DE MARZO DE 2020| DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL
 
Carolina Rueda (Colombia)
10.00 | Colexio La Salle | Santiago de Compostela
 
Ramiro Neira (Galicia)
11.00 | Auditorio Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia | Santiago de Compostela Xornada na Cidade da Cultura-Narradores galegos
 
Conferencia “15 anos de Galicia Encantada” de Antonio Reigosa
19.30 | Lugar por confirmar
 
‘O xogo das sombras’ Carolina Rueda (Colombia)
20.30 | Museo Ramón Aller | Lalín

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×