Noticias de Hoy
festival de cans sin fechas
Fecha: 18/05/2022 a 21/05/2022
Horario: 01:00 a 01:00

XIX edición do Festival de Cans 2022

A XIX edición do Festival de Cans regresará en 2022 ás súas datas habituais de primavera, e terá lugar entre o mércores 18 e o sábado 21 de maio, volvendo a coincidir en datas co Festival de Cannes francés, como xa é tradición.

Estas datas foron decididas pola asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do certame, e así o foi anticipando nos últimos días a veciñas e veciños que prestan as súas casas e jalpóns, ás principais institucións que apoian o certame como Concello do PorriñoDeputación de PontevedraXunta de Galicia ou Ministerio de Cultura, así como ós patrocinadores privados e empresas colaboradoras.

A organización ven traballando nas últimas semanas intensamente nos contidos e no deseño do que será a XIX edición, que seguirá inicialmente as liñas das dúas últimas edicións, dando maior relevancia ás proxecións de cine, ás actividades, ós encontros e coloquios e ás actividades diurnas, sen renunciar ás actuacións musicais que configuran unha das partes relevantes do certame.

Do mesmo xeito que nas dúas últimas edicións, trasladadas ambas ó mes de setembro debido ós condicionantes da pandemia, a organización está a traballar coa máxima prudencia. A experiencia adquirida nas dúas últimas edicións, leva á organización a traballar en paralelo cunha marxe para tomar decisións en cada momento, de acordo co que vaia determinando as autoridades sanitarias. O certame avanza tam

festival de cans sin fechas 1