Noticias de Hoy
Up2Down
Fecha: 28/04/2017
Horario: 22:00 a 22:00

Traspediante presenta: Up2Down, en Vigo

Traspediante presenta: Up2Down, en Vigo.

Up2Down é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo; creando un universo singular.

As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a dúas personaxes definidas polo seu status antagónico: o alto e o baixo; a funambulista -etérea e ideal-, a paiasa -terreal e mundana-. Xunto a elas o espectador percorrerá unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións até que alcanzan un punto de encontro: o equilibrio.

Compañía: Traspediante (con Pistacatro Productora de Soños)
Espectáculo: Up2Down
Idioma: galego
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 55 minutos
Prezo: 5 €