Noticias de Hoy
vellos_namorados4__narrow
Fecha: 17/04/2018
Horario: 21:00 a 21:00

Teatro: Os vellos non deben namorarse en Vigo

Teatro: Os vellos non deben namorarse en Vigo

O Grupo de Teatro Sénior Afundación presenta a obra Vellos namorados, unha adaptación de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, realizada polo director do grupo,
Víctor Díaz Barús.
Esta farsa en tres actos e epílogo satiriza sobre o amor e a morte de tres vellos imprudentes. Tres amores serodios, tres vellos que namoran de tres mozas e como estas se aproveitan deles nun xogo de comedia. A peza mostra o medo á soidade humana mais tamén a necesidade de amar e ser amado.
O Grupo de Teatro Sénior Afundación formouse no ano 1984. Na actualidade está integrado por 21 actores e actrices de idades comprendidas entre os 60 e os 90 anos. Algúns dos seus compoñentes participaron en varias series de televisión (Mareas Vivas, Libro de familia, Serramoura… ), longametraxes (O lapis do carpinteiro) e anuncios publicitarios. O grupo ten recibido numerosos premios en certames de teatro afeccionado, tanto no ámbito galego coma no nacional.