Noticias de Hoy
Helena xuizo dunha lurpia
Fecha: 24/11/2017
Horario: 21:00 a 21:00

Teatro: Helena, xuízo dunha lurpia en Vigo

 

Teatro: Helena, xuízo dunha lurpia en Vigo


Nese espazo no que a nosa memoria se converte en inmortal, atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris. Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo. Aínda así, mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos: Aquiles, Ulises... coa impotencia diante da crueldade da guerra.