Noticias de Hoy
A cabeza do dragon
Fecha: 21/04/2017
Horario: 22:00 a 22:00

Producións Teatráis Excéntricas presenta: A cabeza do dragón, en Vigo

Producións Teatráis Excéntricas presenta: A cabeza do dragón, en Vigo.

A cabeza do dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea.

Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as súa vidas e as facendas do reino. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aquí é onde traballa o Trasgo, que leva toda a historia a cuidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade.

Compañía: Producións Teatráis Excéntricas
Espectáculo: A cabeza do dragón
Idioma: galego
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 85 minutos
Prezo: 8 €