Noticias de Hoy
os rockenstein
Fecha: 18/02/2018
Horario: 18:00 a 18:00

Os Rockenstein en Vigo

Os Rockenstein en Vigo

O profesor Rockenstein é un brillante científico que pasa a súa vida metido no laboratorio investigando novas fórmulas para beneficio da humanidade. Pasa os seus días entre probetas, computadores, tubos de ensaio e microscopios, mentres goza da súa gran paixón: o rock & roll.

Pero Rockenstein está triste, séntese só e, de súpeto, xorde a gran idea da súa vida; crear unha criatura! Un fillo con quen poder compartir o amor pola ciencia e polo rock & roll.

Pero algo falla, a revolucionaria maquinaria que acaba de inventar vólvese tola e non sae un fillo, empeza a cuspir neles ata que saen tres. Non só ten con quen compartir a súa vida e as súas paixóns, ten a súa nova familia con quen montar a “Rockenstein Band”.

Os Rockenstein é un espectáculo de teatro e música con cancións orixinais para público infantil e familiar.