Noticias de Hoy
Sergio Pazos en Vigo  Rebento se non o conto
Fecha: 04/03/2017
Horario: 21:00 a 21:00

Monólogo de Sergio Pazos en Vigo: Rebento se non o conto

Monólogo de Sergio Pazos en Vigo: Rebento se non o conto.

Un galego recoñecido, ou recoñecible segundo se mire, atrévese a analizar unha realidade tan próxima e tan afastada como a que conforma España. Destripa os seus tópicos, as súas mentiras piadosas e as súas medias verdades coa ironía como único bisturí. E sempre coa percepción dun tipo que sae da súa terra para traballar. Como tantos outros. No fondo, é o que di Sergio:“hai máis galegos fóra que dentro”. Falou Pazos e falou ben.

No seu percorrido retranqueiro desta realidade reflexionará sobre os monólogos e de por que el non os fai (ou si), sobre xeito de sermos os galegos e sobre a idiosincrasia de Mariano Rajoy (que é galego ao 100%). Tamén esmiuzará a apocalipse, os recortes e, sobre todo, falará da crise: na Casa Real, dos políticos, do goberno, entre outras cousas. É que… Se non conta todo iso… Rebenta!