Noticias de Hoy
alberte7
Fecha: 19/01/2017
Horario: 22:30 a 22:30

Monólogo de Alberte Montes en Vigo

No terreo audiovisual participou nunha ducia de curtametraxes, algunha delas premiada a nivel nacional ("2OS") e recentemente nas longametraxes REC (4) e "El olivo" de Iciar Bollaín. Ten colaborado tamén en programas televisivos da produtora El Terrat como "Salvados", "Buenas noches y Buenafuente" ou "En el Aire" e noutros da TVG (Televisión de Galicia). Este verán gravou a súa primeira ficción televisiva para esta canle, "Augasquentes". Alberte encarna ao avogado Quique e a serie producida por Ficción Producciones estreouse en outubro de 2016.

Leva máis de 8 anos como monologuista por salas de toda España, ten dous monólogos gravados en Comedy Central e prepara o terceiro para incorporar á canle temática a principios de 2017.