Noticias de Hoy
albertadas D
Fecha: 01/09/2017
Horario: 23:30 a 23:30

Monólogo: Albertadas en Vigo

Monólogo: Albertadas en Vigo

SHOW: #ALBERTADAS

ALBERTADAS, así é como chamaban os compañeiros de Alberte ás improvisadas que este se marcaba no escenario no seu primeiro grupo de teatro.

É unha práctica á que lle colleu agarimo e que non abandonou xamais.

Amigo de pintar saíndose das liñas, de camiñar ó marxe do rabaño, Alberte ofrece no seu espectáculo un monólogo fresco, orixinal e disparatado.

Máis dunha hora de risas onde se mesturan historias cotiás con surrealismo, verdade con esaxeración, destripada actualidade con chistes malos… Un cóctel perfecto de diversión tola.

Un show explosivo, cargado de enerxía, adrenalina e humor.

ALBERTE MONTES

Alberte é actor, guionista, director, locutor... e di a súa nai que non fai nada.

A súa xuventude non ten sido atranco algún para que atesoure xa unha dilatada experiencia en proxectos audiovisuais, teatro profesional, infantil e de rúa. Traballou en compañías como Furafollas ou Teatre Obligatori e a nivel individual representou varios espectáculos en teatros de Barcelona (Teatreneu, Teatre Llantiol…).

No terreo audiovisual participou nunha ducia de curtametraxes, algunha delas premiada a nivel nacional ("2OS"), nas longametraxes REC (4) e "El olivo" de Iciar Bollaín. Ten colaborado tamén en programas televisivos da produtora El Terrat como "Salvados", "Buenas noches y Buenafuente" ou "En el Aire" e noutros da TVG (Televisión de Galicia). No 2016 encarnou o papel do avogado Quique en "Augasquentes", ficción televisiva de Ficción Producciones para a TVG e actualmente forma parte do elenco de actores de "Fariña", serie que Bambú Producciones grava en Galicia para Atresmedia.

Ten feito spots publicitarios como o da coñecida aplicación "Catarrator" para a marca Frenadol ou para a entidade ABANCA en varias ocasións durante o 2016. Neste 2017 foi presentador de dous anuncios de Mediapro Marketing para MAHOU nos que se promocionaba o Derbi Madrileño.

Leva máis de 9 anos como monologuista por salas de toda España, ten dous monólogos gravados en Comedy Central e prepara o terceiro para incorporar á canle temática a finais de 2017. Actualmente é colaborador fixo no programa "Los Lunes al Gol", da canle deportiva GOL, coa súa sección "El ObservaGOL".

Precio de entrada 5€
RESERVAS EN EL TELF WhatsApp 670517090, Mimosa Café Teatro Vigo,
c/ travesia de vigo nº72 bajo, no te quedes sin la tuya, recuerda aforo limitado

albertadas mimosa E