Noticias de Hoy
yeah
Fecha: 07/04/2019
Horario: 19:00 a 19:00

La Banda de Otro presenta: Yee-Haw

La Banda de Otro presenta en Vigo: Yee-Haw.

 

Yee-Haw é un berro de entusiasmo, unha expresión de ledicia, pura onomatopea da felicidade que nos achega ao vello Oeste... de Andalusiana.

Inmersos no universo musical inspirado no country, o ragtime e o bluegrass, “La banda de otro” ofrécenos un (des)concerto tan especial como cada un dos seus compoñentes. Un espectáculo de circo onde resulta imposible distinguir aos músicos dos malabaristas ou dos pallasos.

Coma se foran foraxidos andan case sempre tramando algún golpe, golpe que case sempre acaba recibindo algún deles... Contan as malas linguas que usarán todas as súas artes (que non son poucas) para roubar ao público as súas gargalladas e facelo cómplice da Banda. Directamente, sen rodeos... Pola súa captura non se ofrece unha boa recompensa económica, aínda que os que teñan a sorte de presenciar algunha das súas intervencións, serán recompensados cun bo puñado de acordes, varios lingotes de risas e algunha que outra recompensa.