Noticias de Hoy
Frankenstein.No soy un monstruo en Vigo.
Fecha: 25/11/2018
Horario: 18:00 a 18:00

Frankenstein.No soy un monstruo en Vigo

Frankenstein.No soy un monstruo en Vigo.

 

Víctor Frankenstein é un novo doutor que quere chegar lonxe no mundo da medicina. A súa idea é crear un ser, ao que dará vida a través de raros experimentos. Pero non todo sae como el esperaba. Tralo seu nacemento, a criatura sae fuxindo despavorida e inicia unha viaxe cuxo percorrido ten un único destino: atoparse con el mesmo e demostrar que non é un monstro.

Esta nova adaptación de Frankenstein é unha versión libre da obra de Mary Shelley, máis centrada na visión da criatura e na humanidade da personaxe, rompendo os clixés convencionais que temos do cine ou do teatro. A personalidade do

Dr.Frankenstein queda a un lado e centrámonos na nobreza e pureza da súa creación.

A través desta tenra comedia, as emocións saen a flote, para dar paso a unha obra que nos toca o corazón e nos sopra o cerebro.

No 2018 celébrase o 200 aniversarioda publicación da novela de Mary Shelley.