Noticias de Hoy
primavera de cine
Fecha: 22/04/2019 a 05/05/2019
Horario: 01:00 a 01:00

Festival Primavera do Cine 2019 en Vigo

Festival Primavera do Cine 2019 en Vigo. Do 22 de abril ao 3 de maio.

O próximo 30 de abril dá comezo a sección oficial do VIII Festival Primavera do Cine en Vigo. Nesta ocasión, para o apartado de curtametraxes, realizouse unha selección de 34 traballos divididos en tres categorías diferentes: curtas galegas, curtas lusófonas e curtas de animación.

Entre as obras escollidas cabe destacar Madness de João Viana ou Altas cidades de Ossadas, de João Salaviza, ambas estreadas na Berlinale, Mariñeiro de Juan Galiñanes, unha peza documental con Celso Bugallo ou Americano, o último traballo do vigués Fon
Cortizo.

SECCIÓN LUSÓFONA

Esta sección compóñena ata un total de 12 traballos en lingua portuguesa de diferentes
países distribuídos en tres bloques.

O pistoletazo de saída á VIII edición do Festival Primavera do Cine, darao o primeiro
bloque o 30 de abril ás 19:30 no Auditorio do Instituto Camões.

Os asistentes a este primeiro pase gozarán de historias como Madness de João Viana,
estreada na Berlinale de 2018, unha historia que reflexiona sobre o colonialismo e como
pode chegar a converterse nunha enfermidade mental.

No segundo bloque de curtametraxes lusófonas destacan: Equinócio de Ivo M. Ferreira,
un drama sobre a perda da memoria; Altas cidades de Ossadas de João Salaviza, un
relato sobre Karlon, o pioneiro do Cape Verde Creole Rap e estreado na Berlinale de 2017; ou Terrain Vague de Latifa Saïd, seleccionado en TISFF de Grecia en 2017 ou no
Festival Internacional de Curtametraxes Vila do Conde.

O último bloque está composto por pezas como: Pele de luz de André Guiomar, un
documental sobre a persistencia da maxia negra nalgunhas comunidades de Mozambique e que formou parte da sección oficial de Doclisboa 18 e gañou o Premio do
Xurado ao Mellor Curto da Categoría A Raia no Festival Internacional de Curtos Via XIV de Verín; ou Flutuar de Artur Serra Araújo, unha historia en clave poética sobre a
mesquindade e o absurdo.

SECCIÓN GALEGA

Nesta edición serán 9 os traballos que conforman a sección oficial de curtametraxes
galegas e dividiranse en dous bloques.

Dentro do primeiro bloque atópanse: Mariñeiro de Juan Galiñanes, un falso documental
protagonizado por Celso Bugallo que aborda as dificultades do traballo no mar e que
recibiu a Mención Especial do Xurado na última edición do Ourense Filme Festival
(OUFF); Plus ultra de Samuel M. Delgado e Helena Girón, unha peza de ficción
experimental que fabula sobre a colonización; ou Beautiful Boy de Fran X. Rodríguez,
unha historia sobre o consumismo que estivo nomeada a Mellor Curtametraxe na última
edición dos Premios Mestre Mateo.

No segundo bloque poderanse ver: A nena azul de Sandra Sánchez, unha cinta de ton
fantástico sobre a filla dun mariscador furtivo que non atopa ao seu pai; Americano de
Fon Cortizo, un documental impactante sobre a vida de Xavier, un poeta cun pasado
tráxico que atopou na poesía unha saída á dor e a ira; ou Uganda de Fernando Tato que
profunda na necesidade que temos de cando en vez de revelar os segredos que nos
oprimen.

SECCIÓN DE ANIMACIÓN

Para pechar a selección de curtametraxes do VIII Festival Primavera do Cine haberá ata
13 curtametraxes de animación divididos en dous bloques.

No primeiro deles poderanse ver pezas como: El rejoj de Borja Santomé, unha curta en
branco e negro de estilo pictórico que trata sobre a viaxe interna e externo da costa á
gran cidade en clave de experimentación pasional; Á tona de Filipe Abranches, a curiosa
historia do naufraxio dun aviador que obtivo a Mención Especial do Xurado na Monstra
do Festival de Animaçao de Lisboa de este mesmo ano; Soy una tumba do recoñecido
animador Khris Cembe que conta a historia do paso forzado á madurez dun neno ao ser
testemuña dun crime e que obtivo o Premio do Público e o Premio á Mellor Curtametraxe Nacional no 3D Wire Fest e tamén o premio á Mellor Curtametraxe de
Animación nos últimos Mestre Mateo; ou Rãzao entre dois volumes de Catarina Sobral
que obtivo a Mención Especial do Xurado no Short of the Year en 2018.

No segundo inclúense cintas como: La noche de Martín Romero, unha idílica aventura
de amor entre unha muller lúa e un home lobo; Luscofusco de Javier Portomeñe que nos ensina todos eses seres máxicos que só se poden ver durante o luscofusco; ou Entre
Sombras de Mónica Santos e Alice Guimarães, un traballo que obtivo múltiples premios
e mencións como Mellor Curta de Animación pola Academia Portuguesa de Cinema
(2019) o Premio do Público á Mellor Curta na Monstra Lisboa Animated Filme Festival (2019) ou o Premio do Público no Piccolo Festival of Animazione (2018) entre outros.

En definitiva, a octava edición do Primavera do Cine mostrará creacións dunha gran
calidade artística e visibilizarán o traballo de realizadores galegos e lusófonos de
curtametraxe.

As obras poderanse ver non MARCO e no Instituto Camões e, do mesmo xeito que en
edicións anteriores, terán prezos populares. Pódese consultar a programación completa
da sección oficial na web do festival.

SECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES: LISTA COMPLETA DE OBRAS GALEGAS

De repente, la noche, Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente

· 1 de maio ás 18:00h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)
· 3 de maio ás 19:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Mariñeiro, Juan Galiñanes

· 1 de maio ás 18:00h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)
· 3 de maio ás 19:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Plus Ultra, Samuel M. Delgado, Helena Girón

· 1 de maio ás 18:00h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)
· 3 de maio ás 19:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Beautiful Boy, Fran X. Rodríguez

· 1 de maio ás 18:00h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)
· 3 de maio ás 19:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


A nena azul, Sandra Sánchez

2 de maio ás 18:00h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)
4 de maio ás 19:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Cómo desaparecer, Carlos Martínez - Peñalver Mas

· 2 de maio ás 18:00h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)
· 4 de maio ás 19:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Americano, Fon Cortizo

· 2 de maio ás 18:00h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)
· 4 de maio ás 19:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Uganda, Fernando Tato

· 2 de maio ás 18:00h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)
· 4 de maio ás 19:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


O que precede á caída é branco, Aldara Pagán

· 2 de maio ás 18:00h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)
· 4 de maio ás 19:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)

SECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES: LISTA COMPLETA DE OBRAS LUSÓFONAS

California, Bruno Baltazar

30 de abril ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)


Tudo o que imagino, Leonor Noivo

30 de abril ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)


Madness, João Viana

30 de abril ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)


Narrativas de um crime, Alison Zago

30 de abril ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)


Equinócio, Ivo M. Ferreira

1 de maio ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)


Primeiro Acto, Matheus Parizi

1 de maio ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)


Altas cidades de Ossadas, João Salaviza

1 de maio ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)


Terrain Vague, Latifa Saïd

1 de maio ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)


Aquaparque, Ana Moreira

2 de maio ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)


Pele de Luz, André Guiomar

2 de maio ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)


Como Fernando Pessoa salvou Portugal, Eugène Green

2 de maio ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)


Flutuar, Artur Serra Araújo

2 de maio ás 19:30h. Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)

SECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES: LISTA COMPLETA DE OBRAS DE ANIMACIÓN

Ride, Paul Bush

3 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Porque é este o meu oficio, Paulo Monteiro

3 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


El rejoj, Borja Santomé

3 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


À tona, Filipe Abranches

3 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Sangro, Tiago Minamisawa, Bruno H. Castro

3 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Ensaio sobre a morte, Margarida Madeira

4 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Almofada de penas, Joseph Specker Nys

4 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Guaxuma, Nara Normande

4 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


La noche, Martín Romero

4 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Entre sombras, Mónica Santos, Alice Guimarães

4 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Soy una tumba, Khris Cembe

3 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Rãzao entre dois volumes, Catarina Sobral

3 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)


Luscofusco, Javier Portomeñe

4 de maio ás 18:30h. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)

SECCIÓN OFICIAL DE LONGOMETRAXES

Alva, Ico Costa

2 de maio ás 20:30. Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)


Chuva é cantoria na aldeia dos mortos (The dead and the others) João Salaviza, Renée Nader Messora

3 de maio ás 22:30. Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)


Deslembro, Flavia F. Castro

4 de maio ás 18:30. Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)


Extinção, Salomé Lamas

2 de maio ás 22:30. Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)


Ferrugem, Aly Muritiba

4 de maio ás 22:30. Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)


Gallo, Antonio Díaz Huerta

3 de maio ás 18:30. Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)


La felicidad de los perros, David Hernández

3 de maio ás 20:30. Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)


No intenso agora, João Moreira Salles

1 de maio ás 21:00. Aire libre - Calvario (Rúa Urzáiz 162, Vigo / Fronte o mercado)


Os fillos da vide, Ana Domínguez

2 de maio ás 18:30. Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)


Trote, Xacio Baño

4 de maio ás 20:30. Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)

Festival Primavera do Cine 2019 en Vigo