Festival Primavera do Cine 2017 en Vigo

Fecha 5-05-2017 a 14-05-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Festival Primavera do Cine 2017 en Vigo.

O certame manterá, na presente edición, as súas tres categorías orixinais: curtametraxe, longametraxe e videoclip. Ademais, por segundo ano consecutivo e con intención de permanencia, o festival engadirá categorías de competición para filmes de países lusófonos. Nesta liña, o festival contará coa asistencia do cineasta angoleño, Zeze Gamboa, que presentará a súa longametraxe de máis recoñecemento, O grande Kilapi. Como principal novidade, este ano o festival contará cun xurado internacional formado por profesionais do sector audiovisual que concederá o premio do xurado ás mellores longametraxes galega e lusófona, respectivamente. Asimesmo, a organización manterá o tradicional premio do público, outorgado mediante votación popular. Tamén de xeito pioneiro, e dada a tradición e calidade deste xénero cinematográfico, o festival promove a creación dunha sección exclusiva adicada á animación, concedéndolle un galardón propio e diferenciado.

¡Programación, próximamente!

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×