Noticias de Hoy
facendo-o-indio
Fecha: 10/02/2019
Horario: 18:00 a 18:00

Facendo o Indio en Vigo

Facendo o Indio en Vigo.

 

Este espectáculo conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos tras xeracións, desde a visión de: “Todo o que non deberías facer se es un indio americano...”.

Un repaso á cultura das tribos de indios americanos, na que a nosa tribo dos “pesgrandes” intentan non extinguirse e loitar contra o seu peor inimigo: eles mesmos!

Un espectáculo no que, os protagonistas, coa axuda do público se verán realizando accións cotiás, do xeito máis inverosímil..., o que nos levará a tolas e divertidas situacións cheas de risos, accidentes e moi malas decisións.

Galitoon recupera con Facendo o indio a súa particular visión do teatro de humor xestual, con esta tola e divertida proposta chea de música, situacións absurdas, interacción directa co público, e por suposto, o seu característico selo dos monicreques e distintas performances nas súas propostas de teatro familia.