Noticias de Hoy
SY12P1F1_05224
Fecha: 06/04/2018
Horario: 22:00 a 22:00

Espectaculo: Tropical en Vigo

Espectaculo: Tropical en Vigo

Tropical é un espectáculo sensitivo, universal e evocador, que mergulla no universo da viaxe e na súa riqueza de matices e dimensións. Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados custodiados por unha vixiante tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos. Desde a ironía e o absurdo, Tropical reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade. Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan. Ao ritmo das ondas, este barco convida a subir a bordo para navegar o presente cunha nova mirada. Cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza, Tropical é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.