Da.Te Danza presenta en Vigo: Akari

Fecha 28-04-2019
Hora 18:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Da.Te Danza presenta en Vigo: Akari.

Akari é luz. Investiga as súas propiedades e a súa particular forma de viaxar polo aire. A luz, a penumbra, a sombra e a escuridade. Amosa a necesidade que sentimos de aproximarnos a un raio de luz para quentar a nosa pel e por que todos pechamos os ollos ao facelo. Pomos obstáculos para impedir que continúe cara a diante, sempre en liña recta, sempre en liña recta…

Vímola nos ollos do outro e sentimos como ás veces se cola dentro de nós e nos inunda. Entón parece que sae despedida, pola polpa de cada dedo, e rodéase do noso corpo ao andar, escapa polo peito e a nosa mirada lánzase cara a diante. Sempre en liña recta, sempre en liña recta…

A través da danza, a luz interior de cada un de nós brillará dun modo especial e único

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×