Noticias de Hoy
27752397_1658388697580339_1264532087900813499_n
Fecha: 19/02/2018
Horario: 20:30 a 20:30

Conferencia Defender a quen defende en Vigo

Conferencia Defender a quen defende en Vigo

Gustavo Pedraza tivo que abandonar o seu país despois da denuncia da desaparición, tortura e posterior asasinato por móbiles políticos do seu irmán Carlos Pedraza Salcedo. Carlos tamén era un gran defensor dos dereitos humanos e representaba á empresa de distribución “ Zipa”, dende onde promoveu un modelo de economía solidaria baseada na venta de produtos campesiños nas cidades. Ademais, formaba parte do Movemento Nacional de Vítimas de Crimes de Estado (MOVICE), así como do Movemento Político, Social e de Masas do Centro Oriente Colombiano. Porén, a súa defensa dos dereitos humanos, da vida e do territorio e a súa participación e denuncia en procesos políticos de relevancia custoulle a vida hai tres anos.

Tres anos de impunidade, manipulacións, ocultación da verdade, ameazas e persecucións por parte do goberno colombiano que levaron ao exilio a Pedraza e a súa familia. Na actualidade Gustavo está en España acollido ao Programa de Protección Temporal de Defensores en Risco de Amnistía Internacional . A pesar de todo o pasado e das ameazas de morte que pesan sobre a súa vida, Gustavo non cesará na súa loita polos dereitos humanos nin na súa busca da verdade e a xustiza.