Noticias de Hoy
Concierto-Singular-en-Vigo
Fecha: 18/11/2018
Horario: 18:00 a 18:00

Concierto Singular en Vigo

Concierto Singular en Vigo.

 

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e gozar ao público de todas as idades apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.