Concierto de Talabarte + Dominique Molard en Vigo

Fecha 15-03-2019
Hora 21:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Concierto de Talabarte + Dominique Molard en Vigo.

Despois de moitos anos de explorar diversos escenarios e experiencias musicais, estes tres grandes músicos deciden crear o seu propio proxecto artístico, motivado pola admiración e respecto mutuo, e unidos polos seus instrumentos de madeira e polo modo de ver e entender a música.

Os seus nomes van ligados a algúns dos grandes proxectos musicais galegos como Berrogüetto ou Marful, así como a grandes nomes do jazz como Jorge Pardo, Walter White e moitos outros.

Nesta ocasión súmase ao proxecto Talabarte o grande percusionista bretón Dominique Molard, esencial para entender a música actual do seu país natal en diferentes formacións, xa sexa en solitario ou cos seus irmáns.

Esta será unha oportunidade especial para poder gozar do facer do grupo de músicos que mellor poden representar a variedade e calidade musical destas dúas rexións atlánticas.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×