Noticias de Hoy
4mal D
Fecha: 17/11/2017
Horario: 22:00 a 22:00

Concierto de 4mal en Vigo

Concierto de 4mal en Vigo

4Mal Quartet Jazz somos un cuarteto de jazz nado no ano 2015 a partir do dúo Pardedous, este último nado no 2009 da man de dous amigos músicos que deciden ampliar horizontes.

Pardedous temos actuado en diversos lugares, tanto con concertos como amenizando actos. Algúns dos lugares máis importantes nos que temos actuado son:

  • O Carballiño: Eira de flores, Pub JazzMin, Café Moma, Bodegón o Pazo, Pub Tía Nona, Pub Sete Flores, Praza das Monxas (colaborando co Xociviga), Casino do Carballiño, Praza Maior, Auditorio Municipal.
  • Ribadavia: Pub Aljama, Museo etnolóxico, coa asociación Por un ribeiro poético.
  • Allariz: Semana Santa ao vivo (dúas ocasións), Fundación Vicente Risco (colaborando con OZOCOGz).
  • Pazo da Almuzara (colaborando con OZOCOGz).
  • Ourense: Tetería Grándola, café Jam Session.
  • Tangaraño Cultural (dúas ocasións).

No 2013 decidimos unirnos ao poeta carballiñés “Quico” Valeiras nun novo proxecto chamado PARDEDOUS+UN, que consistía nunha fusión de música e recitado poético. Este espectáculo foi representado en catro ocasións, e as catro con diferente temática.

No ano 2015 probamos a ampliar a formación e ver que pasaba, uníronse a nós un contrabaixista e un batería. Comezaron os ensaios e todo mellorou.
Dende aquel ensaio comezamos a dar concertos por toda Galicia, en Ourense (El Cercano), O Carballiño (Loft 27, La Parada), Allariz (Pub Orballo), Vigo (De Catro a Catro), Pontevedra (A Taberna do Jazz), Ribadavia (Pub Aljama), Santiago (Taberna do Couto Mixto), Arca da Noe etc.