Noticias de Hoy
sondarua
Fecha: 30/11/2018
Horario: 23:30 a 23:30

Concerto V Aniversario Colectivo Nós en Vigo

Concerto V Aniversario Colectivo Nós en Vigo.

O Colectivo NÓS cumprimos en setembro o noso V ANIVERSARIO de vida e actividade dentro da gran familia do celtismo e o celebraremos cunha festa concerto o venres 30 de novembro na Sala Masterclub de Vigo.

Na nosa festa tocarán os pontareáns SONDARÚA co seu hip hop combativo en galego e tamén os vigueses e celtistas KELTOI! co seu street punk e Oi! comprometido. Haberá sorteos e sorpresas entre todos os asistentes.

O prezo das entradas será de 5 euros en venta anticipada na Cervexería The Movie en Balaídos, e de 7 euros na billeteira o propio dia. A entrada será de balde para os socios do colectivo.

Vinde con nós a celebrar estes 5 anos de actividade xunto con moitos máis celtistas chegados de toda Galicia nunha festa rachada que promete será lembrada por moito tempo!