Noticias de Hoy
Comedia Feminíssimas
Fecha: 13/11/2020
Horario: 20:30 a 20:30

Comedia Feminíssimas

Auditorio do Concello de Vigo.

O 13 novembro De Ste Xeito Produción estrea a súa nova comedia Feminíssimas no Auditorio do Concello de Vigo coa colaboración de Vigocultura. Entradas xa esgotadas desde fai xa unos meses.

SINOPSE:
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.

Unha maneira –tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria.
Un espazo –ademáis- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra… moi violeta.