Noticias de Hoy
apod nasa
Fecha: 22/02/2018
Horario: 19:00 a 19:00

Charla Apod Nasa en Vigo

Charla Apod Nasa en Vigo

O Astronomical Picture of the Day da Nasa é unha das webs máis antigas (desde 1995) que funciona a cotío. Cada día publica una fotografía de temática astronómica comentada. Ao longo dun ano, os temas que se publican son do mása variado, o que nos permite construir con estas fotos un percorrido moi interesante polos temas que trata a astronomía e as últimas novidades e descubrimentos da ciencia. 

Tanto a web como esta charla están dirixidos un público xenérico non especializado, coa intención de contribuir a divulgación da ciencia en xeral e a astronomía en particular. Desde hai varios anos, e xa unha tradición que un dos autores da web da NASA, Jerry Bonnell, dea unha charla xusto despois das vacacións  de nadal en New York, recopilando as fotografías mais destacadas do ano anterior. Agora queremos introducir esta tradición de aninovo en Galicia, da man dun dos traductores ao galego.

O relator Dosi Veiga, lincenciado en física pola Universidad Santiago de Compostela, conta con máis dunha década de actividades variadas no campo da divulgación científica. Colabora como socio en varias asociaciones de astrónomos afeccionados (AstroVigo e Ourense Astronómico) e forma parte da xunta directiva da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica (www.divulgaccion. org )          

 

Captura de pantalla 2018 02 19 a las 11.27.57