Noticias de Hoy
xornadas-de-cine-rural-friol
Fecha: 09/03/2024
Horario: 18:00

Proxección Os segadores da Órrea en terras de Castela

En marzo o concello de Friol poderá desfrutar de catro tardes de sábado de cine, grazas ás Xornadas de Cine Rural que o concello organiza en colaboración co Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC, representado neste caso polo veciño de Friol Suso Rodríguez.

Durante a terceira xornada, o 9 de marzo, visualizarase Os segadores da Órrea en terras de Castela, documental que recolle o testemuño de trinta e un veciños da parroquia da Órrea, que se desprazaban nos meses do verán a Castela para realizar traballos de sega; unha migración de tempada que miles de galegos protagonizaron ao longo de trescentos anos e que perdurou ata os anos 60 do século XX.