Noticias de Hoy
exposicion fragmentos de onte4
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 03/10/2023 a 07/11/2023
Horario: 01:00

Mostra Fragmentos de onte en Lugo

A 'Mostra fragmentos de onte' poderá verse ata o 7 de novembro na Capela de Santa María grazas á Asociación Sete Espadelas co mecenado de Bodegas Martín Codax.

A exposición reproduce a vestimenta e escenas da vida cotiá capturadas pola fotógrafa e etnógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson nos anos vinte do século pasado en distintos puntos de Galicia.

A cidade de Lugo está presente cunha fotografía dun mercado de pezas de olería ao pé da Muralla, a escasos metros da Mosqueira, en 1925. A mostra reproduce esta escena, canda outras da vida cotiá na Galiza de comezos do século pasado: palilleiras traballando nunha casa en Muxía, redeiras en Marín, leiteiras que percorrían a pé enormes distancias cada mañá cos cántaros na cabeza ou os mercados na Praza de Leña de Pontevedra, entre outras.