Noticias de Hoy
exposicion fotografica a coruña
Localidad: A Coruña
Fecha: 31/08/2023 a 04/10/2023
Horario: 01:00 a 01:00

“A invasión galega da Movida Madrileña nos ollos de Marivi Ibarrola” na Coruña

Elas Son Artistas, en colaboración co Concello da Coruña, ofrece a posibilidade de viaxar 40 anos atrás. A exposición fotográfica “A invasión galega da Movida Madrileña nos ollos de Marivi Ibarrola” amósanos unha combinación das imaxes das bandas e artistas máis coñecidas dese importante movemento cultural e social xunto coa presenza da comunidade artística galega que viviu tamén aquela etapa na capital de España. Artistas de diversas disciplinas artísticas que influiron en cancións e tiveron tamén un importante protagonismo.

A Casa Museo Casares Quiroga acollerá a exposición ata o día 4 de outubro, sempre con entrada gratuita. Silvia Penide interpretará dúas cancións ben coñecidas daquela etapa para pechar o acto.

Marivi Ibarrola é unha fotoxornalista de La Rioja que chegou a Madrid a finais dos anos 70 para estudar e tamén para empaparse do que estaba a suceder. Decidiu aportar a visión dende a súa cámara con intención de documentar algo que sabía que tería repercusión máis alá das paredes de lugares como a sala de concertos Rock-Ola.

Na exposición poderase contemplar imaxes de Joaquín Sabina, Mecano, Radio Futura, Alaska, Parálisis Permanente, Derribos Arias, Kike Turmix. Tamén de artistas internacionais como David Bowie, Andy Warhol ou Joe Strummer. E, por suposto, representantes diso que denominamos "A invasión galega": Siniestro Total, protagonistas da imaxe promocional da exposición disparando a Marivi, Germán Coppini, Antón Reixa, Victor Aparicio, Antón Patiño, Menchu Lamas (a única muller galega que veremos na expo)...

Nunca está de máis adicar uns minutos a mirar con pausa cómo eran artistas que, en moitos casos, seguen actuando e traballando, fai xa catro décadas.