Paseos pola Pontevedra Literaria 2019
Paseos pola Pontevedra Literaria 2019.
Os “Paseos pola Pontevedra literaria", son unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra.
Para inscribirse, as persoas interesadas deberán enviar os seus datos (nome completo, teléfono e enderezo electrónico) a pontevedraliteraria@gmail.com, e indicar a que paseo/s queren apuntarse, a partir do 5 de xuño.
- A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico.
- Prazas limitadas: 50 persoas.
PROGRAMA
Todos os paseos comezarán ás 11:30 h.
Sábado 15 de xuño de 2019
11:30 horas. Cando o rural comezou a abaterse sobre a cidade (A influencia do cinema na Pontevedra do primeiro terzo do século XX).
Con Carlos Aurelio López Piñeiro.
Sábado 22 de xuño de 2019
11:30 horas. Pedrarcana, cidade lorquiana.
Con Carlos Taboada.
Sábado 29 de xuño de 2019
11:30 horas. Camiñando polo noso eido.
Con Lourdes Maceiras.