Noticias de Hoy
Fecha: 13/06/2014
Horario: 20:30 a 20:30

Zapatiños para Díaz Castro de 2naFronteira

A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli forman o dúo 2naFronteira dende o 2008, cando inician a súa andaina xuntos en Italia, onde Carmen estaba a estudar canto.

Agora presentan este novo traballo, Zapatiños para Díaz Castro. Son músicas orixinais do dúo para catorce poemas de Nimbos, do escritor Letras Galegas 2014. Neste disco o harmonio, que tanto gusta ao público, adquire máis presencia e aparece tamén xunto co piano en algúns temas, como Ai, capitán ou Nimbos. É un disco particularmente intenso, alegre e luminoso. Supón unha mostra máis da gran calidade e orixinalidade compositiva e artística que propón este dúo, que reúne calidade con paixón nos seus directos. Xa foi levado como preestrea ao Centenario do nacemento de Díaz Castro en Guitiriz e ao Museo Provincial de Lugo.

Música que non deixa indiferente. Maurizio Polsinelli ao piano e ao harmonio, acompaña a Carmen Penim, voz e harmonio.

Entrada gratuita.

Web: www.2nafronteira.com