Noticias de Hoy
ean7
Fecha: 27/08/2017 a 31/08/2017
Horario: 01:00 a 01:00

VII ENCONTRO DE ARTISTAS NOVOS en Santiago de Compostela

VII Encontro de Artistas Novos

A Cidade da Cultura de Galicia converterase por sétimo ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Será no VII Encontro de Artistas Novos, coordinado por Rafael Doctor, que se celebrará do 27 ao 31 de agosto de 2017. 

O EAN busca favorecer a convivencia entre artistas emerxentes galegos e procedentes doutros lugares, ademais de poñer en contacto aos participantes con outros axentes do sector como críticos, comisarios ou art followers. Unha edición máis, o EAN traerá ao Gaiás artistas e creadores xa consolidados como Xosé Artiaga, María Cañas e Berta Álvarez Cáccamo para compartir as súas experiencias e reflexións ao redor da arte.

Cada un dos participantes no VII EAN terá a posibilidade de realizar unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. 

A consecución dunha praza no VII EAN inclúe matrícula de inscrición, estanza en réxime de pensión completa, transportes diarios desde Santiago ata a Cidade da Cultura e transportes para a visita ao MAC e CGAG.