Noticias de Hoy
ultranoite
Fecha: 19/07/2017
Horario: 22:00 a 22:00

Ultranoite no país dos ananos en Santiago de Compostela

 
Ultranoite no país dos ananos en Chévere 3.0
Maratón escénico polo 30 aniversario de Chévere
 
A finais de xuño de 1987 Chévere actuaba por primeira vez en público, na Praza dos Bombeiros de Santiago de Compostela, detrás da Escola Mestre Mateo. Trinta anos despois daquela noite de verán a compañía segue funcionando e está vivindo un dos seus mellores momentos artísticos e profesionais. Premio da Crítica de Galicia 2011. Premio de Honra da MIT de Ribadavia 2012. Premios María Casares ao Mellor Espectáculo en 2012, 2014, 2017. E Premio Nacional de Teatro 2014, converténdose na primeira compañía galega en ter este recoñecemento, o máis importante das artes escénicas de ámbito estatal, que desde 1949 recibiron apenas 7 compañías (Els Joglars, La Fura dels Baus, Ur Teatro, Teatre Lliure, Animalario, Atalaya e La Zaranda).