Noticias de Hoy
Riquela
Fecha: 09/11/2016 a 14/12/2016

Riquela 3&3 Jazz en Santiago de Compostela

Riquela 3&3 Jazz en Santiago de Compostela.

INAUGURACIÓN

Xa nas primeiras semanas de actividade, con dous concertos do compostelán Valentín Caamaño Trío, RIQUELA CLUB amosou o seu interese polo jazz como unha das liñas de programación que haberían de definir a súa oferta cultural. Esta intención se materializa agora neste ciclo RIQUELA 3&3 JAZZ, un certame que xurde froito da colaboración dunha destilería tamén santiaguesa, LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS, e que nace vinculado en concreto á súa marca 3&3 PREMIUM GIN.

RIQUELA 3&3 JAZZ supón toda unha declaración de intencións de dúas iniciativas compostelás, do novo RIQUELA CLUB e de LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS, na que é unha firme aposta polo jazz feito en Galicia. RIQUELA 3&3 JAZZ nace en forma dun ciclo de catro concertos que se desenvolverá durante os meses de novembro e decembro, unha primeira entrega que nace con vontade de converterse nun ciclo estable durante o próximo 2017 co respaldo dunha marca galega de calidade como a 3&3 PREMIUM GIN. Os protagonistas destes primeiros catro concertos, que se celebrarán 2 mércores e 2 domingos son Xacobe Martínez Antelo Trío (mércores 9 novembro), Andrés Rivas Jazz Trío (domingo 20 novembro), Felipe Villar Organ Trío (domingo 4 decembro) e, para rematar, o sexteto FUZZ que lidera o guitarrista Virxilio da Silva (mércores 14 decembro).

As localidades para estes concertos están á venda no RIQUELA a o ecónomico prezo de 6 euros (abono para os 4 concertos de 18 euros), e inclúen unha degustación de 3&3 PREMIUM GIN ou doutro producto de LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS.

CALENDARIO DESTE NOVO CICLO DE JAZZ:

XACOBE MARTÍNEZ ANTELO TRÍO
Mércores 9 de novembro de 2016
21.30 (apertura portas 21.00)

ANDRÉS RIVAS JAZZ TRÍO
Domingo 20 de novembro de 2016
20.30 (apertura portas 20.00)

FELIPE VILLAR ORGAN TRIO
Domingo 4 de decembro de 2016
20.30 (apertura portas 20.00)

JUZZ
Mércores 14 de decembro de 2016
21.30 (apertura portas 21.00)

Entrada concerto: 6 euros (1 consumición gintonic 3&3 ou outro producto de La Destileria de las Ideas incluída *)
Abono 4 concertos: 18 euros (1 consumición gintonic 3&3 ou outro producto de La Destileria de las Ideas incluída por concerto *)
Venta anticipada: Riquela (Preguntoiro, 38. Santiago de Compostela)
Reserva entradas: entradas@riquela.com