Noticias de Hoy
Redrum Teatro presenta  A Cancion do Elefante
Fecha: 13/09/2017
Horario: 21:30 a 21:30

Redrum Teatro presenta: A Canción do Elefante, en Santiago de Compostela

Redrum Teatro presenta: A Canción do Elefante, en Santiago de Compostela.

Mércores 13 de setembro de 2017: 20:30 a 21:50 horas.
Sábado 16 de setembro de 2017: 20:30 a 21:50 horas.

Thriller psicolóxico dirixido por Álex Sampayo, cun elenco composto por Ernesto Chao, Patricia Vázquez e Guillermo Carbajo. Inspirada na obra orixinal The Elephant song, do canadense Nicholas Billon.

Unha produción de Redrum Teatro inspirada na obra orixinal The Elephant song, do canadense Nicholas Billon. Álex Sampayo dirixe unha obra desacougante e precisa, cunha traballada construción das personaxes ás que poñen corpo e voz Ernesto Chao, Gullermo Carbajo e Patricia Vázquez. A canción do Elefante é unha peza de suspense de corte psicolóxico, que consegue reternos na cadeira á espreita de que o misterio se resolva.
“Un eminente psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un doente obsesionado cos elefantes. Malia a reticencia da enfermeira xefe do hospital, o doutor Villaverde asume o coidado do enfermo, disposto a obter del respostas sobre o colega desaparecido”. (Redrum Teatro)

Equipo artístico e técnico
Elenco: Ernesto Chao, Guillermo Carbajo, Patricia Vázquez
Dirección: Alex Sampayo
Autor: Nicolas Billon
Espazo escénico e vestiario: Diego Valeiras
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Produción e Distribución: Redrum Teatro