Noticias de Hoy
Portada_verbas
Fecha: 04/02/2015
Horario: 19:45 a 19:45

Presentación: Verbas cum

A Libraría Couceiro acollerá o vindeiro 4 de febreiro, ás 19:45 h, a presentación do poemario en galego Verbas cum, da escritora e avogada viguesa Isabel Blanco-Rivas, ilustrado por Irene Silva Xiráldez e publicado pola editorial Belagua.

Verbas cum é a primeira obra poética e tamén a primeira en galego de Isabel Blanco-Rivas, que o pasado mes de abril publicou o seu segundo libro de relatos, Los mundos ajenos (Belagua).

Hora: 19:45
Local/Lugar: Libraría Couceiro