Noticias de Hoy
ESPAÑA SIN CATALUÑA PORTADA KINDLE
Fecha: 06/03/2018
Horario: 20:00 a 20:00

Presentación: España sin Cataluña, en Santiago de Compostela

Presentación: España sin Cataluña, en Santiago de Compostela.

En xullo de 2017, a tres meses do anunciado referéndum de independencia, segundo o CIS só o 0,9% dos españois consideraba a independencia de Cataluña un dos principais problemas do país. Mais tra-lo shock do 1 de outubro, o chamado soufflé catalán demostrou ser un desafío moito máis grave do que ninguén anticipara, provocando a maior crise institucional do réxime de 1978.

ESPAÑA SIN CATALUÑA é un monográfico adicado a investigar e valorar as razóns e as consecuencias desta crise tan anunciada coma teimudamente ignorada.

Inclúe entrevistas a Águeda Gómez (UVI), Vânia Álvares (UNL), Ernesto Castro (UCM), Luis Miller (UC3M), Carles Sirera, Jorge Díaz-Lanchas, Manuel Hidalgo (UPO), Miguel Anxo Bastos (USC), Bernardo Gutiérrez, María Jesús Torquemada (UCM), Adriana Razquin (UCA), María Eugenia R. Palop (U3CM), Fernanda Tabarés, Rebeca Quintáns e Alba Nogueira (USC).